Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga

domingo, 8 de maio de 2011

A Xunta de Galicia consigue novos apoios para a súa Lei de Augas, desta vez da asociación "Comunidade Xeral de Augas de Pontevedra" -Coxapo


Se hai uns días a Xunta de Galicia, a través do polo de agora organismo autónomo "Augas de Galicia" -a partires de Xaneiro de 2012 será unha empresa, conseguiu o apoio de dous sindicatos agrarios -asinando un acordo, agora consigue novos apoios para a súa "Lei de Augas", desta vez da Comunidade Xeral de Augas de Pontevedra -COXAPO, que é unha asociación provincial que agrupa a comunidades de usuari@s.

Con estes acordos -posibelmente- electoralistas -non hai que esquecer que estamos en plena campaña para as municipais do 22 de Maio, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas -Agustín Hernández Fernández de Rojas, ven concretizar o que manifestaba aos medios polo mes de Febreiro, "Sempre que eu sexa conselleiro, non se aplicará", en referencia ao cobro do Canon que establece a Lei de Augas. Pois veu dicer que non imporá o canon da auga aos pozos particulares e traídas veciñais, a pesar de que así se esixe na lei impulsada por el mesmo xa en vigor desde Decembro de 2010.

Na "Lei de Augas" non se contempla unha "exención expresa" do pago do canon para os pozos particulares ou comunidades de usuari@s [Como así denunciadaba o Alcalde de Teo, á Xunta de Galicia,  por publicidade engañosa], mais o Conselleiro recoñeceu que o custo da xestión do seu cobro resultaría superior para as arcas públicas do que se percibiría pola súa repercusión, mais a trampa está en que o cobro do canon quedaría establecido na propia Lei e o regulamento que a desenvolve, ... logo as tarifas son máis fácil de modificar. Cobrando-se polo ben, non polo servizo que por outra banda en moitos casos nen se dá. Como denunciaba Carmen Freire do SLG "un Conselleiro que anuncia que non vai cumprir a súa propia lei", onde está a trampa?

En Compostela, o pasado 4 de Maio de 2011,  "Augas de Galicia" e a asociación COXAPO que integra ás comunidades de usuari@s de traídas veciñais da provincia de Pontevedra, acordaron aspectos concretos para levar ao texto do anteproxecto de regulamento de aplicación do canon da auga, asinando un documento entre a Xunta, a través de "Augas de Galicia" e a citada asociación.

A Xunta de Galicia, con estes acordos, pretende e o consigue, pois a afinidade dos medios, permitelles este efecto diante da sociedade, aparecer como un goberno que consesuan coa cidadanía as normas e leis que lles afecta, cando realmente foi o contrario. A "Lei de Augas", que afecta a tod@s, pois a Auga é un ben universal e social -hai menos dun ano declarado o acceso a ela e o seu saneamento como Dereito Humano, foi elaborada sen o previo e necesario debate social, aprobada pola vía de urxencia no Parlemento Galego, por un só voto de diferencia -38 a favor e 37 en contra. Agora a Xunta de Galicia, ten que recuar e dar a impresión que negocia e consensua cos chamados "axentes sociais".

Hai unha parte positiva nesta situación, que a Xunta tivera que recuar e regulamentar -que aínda está por ver como queda, que non é igual que modificar a Lei, que "os usos agrarios e gandeiros non paguen o canon", así como que "o pagamento do canon non sexa obrigado para as comunidades de usuari@s". Mais todo isto son acordos de intencións antes dunhas eleccións municipais. xa veremos. Mais o máis negativo de todo isto é que a Lei permanece intacta e os efectos mediáticos destes acordos son altamenbte desmobilizadores, toda unha maquinaria partidaria, administrativa e mediática contra un movimento da esquerda social e política dividido e incapacitado, non só de rescatar a xestión da auga que está xa privatizada, senon que tamén incapaz de parar a súa total privatización. O PP, a dereita populista, os seus políticos e ideólogos, pretende-nos enganar, usurpando palabras, que saíndo das súas bocas sonan a falsidade e hipocresía, ecoloxía, sustentabilidade, participación da cidadanía na xestión do público, ..., tan só a súa práctica política desminte tanto despropósito oportunista. Compre o maior consenso posíbel da esquerda social e política, para combatir tanto engano, tanta mentira, ... para conseguir outra Lei de Augas de Galiza, onde quede claro que a auga non é unha mercaduría, senón un ben público, social e universal, ... que a auga non pode ser privatizada, ...

A asinatura do acordo no sitio da Xunta.

Significativo dominio da web da asociación COXAPO, así como tamén significativa a data da súa entrada na rede -8 de Febreiro de 2011:
http://canonagua.com/
____________

Nenhum comentário:

Postar um comentário